jueves, 28 de junio de 2012

Fíxose todo.




E finalmente
o silencio
Fíxose verbo.



Fíxose todo.










Queimei
Tódolos carteis
Que algún día viviron
Nas paredes do meu cuarto.

Pensando en ti.
Sen dicir palabra.






















Arrinquei tódalas
Palabras mortas
Arraigadas nas aurículas.



Deixáchesme
Con todo este frío
Nas mans.

E nin un só momento
                       (tépedo
De veracidade.














Xa non me deito
Cos beizos cor carmín
E o corazón  vivo.


Xa non me deito.

Porque queimei
Tódolos mobles.

(Quemeite a ti
Con eles)

Unha fría noite de setembro.
Na que atopei  nas laparadas
todo o calor que ti
nunca me soubeches dar.








Deitome espida,
No chan.




Durmida
Recito sempre
A mesma elexía

(Elexía polo suicidio premeditado
Do noso amor.






E teño sempre o mesmo soño
                            ( ou pesadelo.





Soño,
No que acudo
A poñer rosas
              (negras
Nunha lápida
De epitafio esquecido.




Aquí descansan os restos
Dun amor xamais consumado
Consumido nos silencios
Diarios.





Na túa gorxa o pracer
Incuba ovos e máis ovos
                                               -Estíbaliz Espinosa-


Nacín,
do ovo infecundo
de soidade  (adquirida).

Non sei cando.
Nin  sequera como.

Mais sei,
Que un día como outro calquera
Nalgún lugar escarvado
No globo terráqueo

Algo naceu da lisura branca e infinda
Do ovo aniñado en outono.

Que xa nada queda del
Daquilo que foi.





Vin a cáscara escachar
En minúsculos anacos
Anatómicos
Ante os meus ollos.

As miñas pálpebras
Virxes obserban atónitas



Tiven
Toda unha constelación
Aberta aos meus pés
Durante uns breves segundos

O fragmento preciso
Do mapa espacial
Despregado ante min


Amosándome a
Súa fisionomía.


Todo un universo paralelo
Aberto en canle

Agardando  por nós
(Na mesa da cociña).









Un eu que xace nu

Inconsciente.

Cun brazo e unha perna
No averno.

E o meu corpo dentro.

Así  Leonardo o
Desexou.

O home e a perfección.
A cadratura do círculo
Indomable.





http://www.youtube.com/watch?v=_524e8Gbb2M








Mentres




Todo un batallón de formigas
De ollos cegos
Veñen a cubrir o meu corpo
No verán

( Son o mel
Das abellas que
Non aprenderon a voar)

Síntoas  arrastrando
Os seus pequenos corpos
Sobre a miña branca pel.

E  eu
Tan só quero
 permanecer aquí
Deitada sobre o chan
(tépedo.

Tan só quero
Permanecer aquí.

Para
Ser

Mentres as nubes intanxibles
Me sobrevoen.

Mentres o ceo
Sexa azul.

Mentres todo isto
Teña algún sentido.

(para min)


Onde as baleas




Onde as baleas
Adquiran a posibilade de falar.

E o mar  non sexa unha barreira.


Alí irei ,
Cando todo
me
Abandone.



Onde as baleas
Falen comigo até
O atardecer.



Onde a humidade das bágoas
Sexa  ardua de dilucidar.

E os golpes secos e amarelentos
Non derrúan os meus ósos carcomidos
Polas ratas estivais.



(Ateigados de buracos,
Tal e como naceu o meu
Corazón).



Laranxa


                                                                                           
                                                                                Laranxa




(Todo é laranxa)
Como a ilusión á que me aferro
E me corroe a pel.

Descarrilaron tódolos engranaxes
Perfectamente axustados
E engraxados.

Todos eles.
Non quedou un.

A carraxe dorme no chan.

Mentres o ferro
E o osíxeno reaccionan
Xuntos nun.

E sinto que me vai estourar
O peito.

Exceso de velocidade.

A premonición tardía
Dun sinistro 


domingo, 17 de junio de 2012

Autopsia dun soño.


                       Autopsia dun soño.



Que non eramos nós.




















Que eramos dous corpos
Nus no epicentro
Deste gran seísmo .




I: Eu

 Ao comezo,
                    Era eu
quen te levaba a ti.
Sobrevoando  cumios
E falsos teitos
                   ( a dúas augas )
Para matalo inverno
Nada máis chegar.

Para esgazalo
 á metade.

E ficar a vivir no noiro noire.

Analizando as diversas
Capas de sedimentos
Que atravesan a estación
Artrítica, en diagonal.

Beber,
A materia gris da terra
Que escorrega polo cano
Do tellado polvorento.



As follas secas
Interrompendo o
Meu curso vital.










Trazando     bisectriz
                                        E
                                             zirtaideM
    niM            erboS











II: Ti.

Logo,
Fuches ti
Quen me levou a min.

Un pequeno pardal ferido
Nu de plumaxe,
Indefenso.

Agochado no
Tenro regazo do teu ser,
Deitado contra o teu peito.
Os teus infindos brazos
Abarcándome no
Seo da  túa seguridade.

E  non teño medo
A deixarme caer.

Non
Teño
Medo.


III: O noso amor .

Ti
e
Eu.

Nós.

O ceo na súa perfección
Azul e
 sibilante.

Un pardal ferido
Nos brazos
Dun ser inimaxinable

Tanto,
Que só eu o podo ver.

A ilusión óptica
dunha chama azul
Agromando entre  
dous corpos.