martes, 4 de septiembre de 2012

Auga que non reflicte




Son auga que non reflicte
Nunha alma verde olivo.

Son casa sen paredes
Son vento e son marea,
Contido dunha gaita silenciada.

Un caracol sen cuncha
Espido baixo a choiva.



martes, 14 de agosto de 2012

Mosaico de ósos.




Abandonei  o meu corpo
Ao resío da noite.

Nos meus ósos escarchados,
De vellez,  repiquetea a choiva

Fixen da dor un mosaico de cores.
Fixen da cor, un saco de ósos.

Abandoneime ao asedio
Da túa tépeda e laranxa voz
De terciopelo.

Perdinme nunha treboada
E sobrevivín ao teu naufraxio.


Mais ti,
Ti afogastes na túa voz
No seu último cheiro a Vodka.


Afogastes.
E abandonastesme
Ao resío
Da noite.



viernes, 10 de agosto de 2012

Amencer cálido.



                                                                http://grooveshark.com/#!/s/Baldosas+Amarillas/3Jzsax



Non teño zapatos.

E a esperanza
Perdeuse baixo unha
Baldosa amarela.


Frío, sinto
Frío.
Un frío que bica
as plantas dos pés
Que cala fondo,
No esqueleto
E das costelas,
vai directo ao corazón .

Ao amencer
Cando fun consciente
Deixei caer todo o laranxa
Das miñas palmas.

E xa non quedou nada.
Nada.

Tan só o amarelo da baldosa
Queimándome de frío,
Consumíndome por dentro.



jueves, 28 de junio de 2012

Fíxose todo.




E finalmente
o silencio
Fíxose verbo.



Fíxose todo.










Queimei
Tódolos carteis
Que algún día viviron
Nas paredes do meu cuarto.

Pensando en ti.
Sen dicir palabra.






















Arrinquei tódalas
Palabras mortas
Arraigadas nas aurículas.



Deixáchesme
Con todo este frío
Nas mans.

E nin un só momento
                       (tépedo
De veracidade.














Xa non me deito
Cos beizos cor carmín
E o corazón  vivo.


Xa non me deito.

Porque queimei
Tódolos mobles.

(Quemeite a ti
Con eles)

Unha fría noite de setembro.
Na que atopei  nas laparadas
todo o calor que ti
nunca me soubeches dar.








Deitome espida,
No chan.




Durmida
Recito sempre
A mesma elexía

(Elexía polo suicidio premeditado
Do noso amor.






E teño sempre o mesmo soño
                            ( ou pesadelo.





Soño,
No que acudo
A poñer rosas
              (negras
Nunha lápida
De epitafio esquecido.




Aquí descansan os restos
Dun amor xamais consumado
Consumido nos silencios
Diarios.





Na túa gorxa o pracer
Incuba ovos e máis ovos
                                               -Estíbaliz Espinosa-


Nacín,
do ovo infecundo
de soidade  (adquirida).

Non sei cando.
Nin  sequera como.

Mais sei,
Que un día como outro calquera
Nalgún lugar escarvado
No globo terráqueo

Algo naceu da lisura branca e infinda
Do ovo aniñado en outono.

Que xa nada queda del
Daquilo que foi.





Vin a cáscara escachar
En minúsculos anacos
Anatómicos
Ante os meus ollos.

As miñas pálpebras
Virxes obserban atónitas



Tiven
Toda unha constelación
Aberta aos meus pés
Durante uns breves segundos

O fragmento preciso
Do mapa espacial
Despregado ante min


Amosándome a
Súa fisionomía.


Todo un universo paralelo
Aberto en canle

Agardando  por nós
(Na mesa da cociña).









Un eu que xace nu

Inconsciente.

Cun brazo e unha perna
No averno.

E o meu corpo dentro.

Así  Leonardo o
Desexou.

O home e a perfección.
A cadratura do círculo
Indomable.





http://www.youtube.com/watch?v=_524e8Gbb2M








Mentres




Todo un batallón de formigas
De ollos cegos
Veñen a cubrir o meu corpo
No verán

( Son o mel
Das abellas que
Non aprenderon a voar)

Síntoas  arrastrando
Os seus pequenos corpos
Sobre a miña branca pel.

E  eu
Tan só quero
 permanecer aquí
Deitada sobre o chan
(tépedo.

Tan só quero
Permanecer aquí.

Para
Ser

Mentres as nubes intanxibles
Me sobrevoen.

Mentres o ceo
Sexa azul.

Mentres todo isto
Teña algún sentido.

(para min)