miércoles, 25 de septiembre de 2013

Culto a unha divindade

Unha biblioteca en outono
Non é unha biblioteca.

O vento bate con furia nos cristais

É un refuxio.

O silencio acentúase coa chuvia perseguindo
O teito ate impactar no chan
É un silencio branco, de desgaste
no mármore policromado
E todo semella ter un aire entre
magnánime e sepulcral
e cae unha folla
outra
e outra
todas  vermellas no capitel

Voltas escoitar unha vez máis
A chuvia ao outro lado do van
E desta vez case podes observar
O degradado dos pilares

Porque unha biblioteca aquí e agora,
en outono, non ten porque selo
aquí

nin agora


Qotidiae Morimur

Unha sobria e elegante edificación
De comezos de siglo
Derruída.
 Só fica o esqueleto dun cadáver
putrefacto, descomposto, corrupto
Corroído polas termites, nauseabundo.

Tan soberbia… tan altiva se ergue a espiña dorsal
Entre os escombros, impoluta e delicadamente
 perfilada nun horizonte diluído en sangue
mesmo semella un berro estridente entre tanto negro
e tan pouco branco
O primeiro chanzo dun precipio ao abismo

Faíscas de aire envelenado erosionan
Lentamente a ferida insodábel
Tanto que cada segundo lacera sen
Piedade a úlcera erixida

Cando se aproxime o ocaso
Tan só ficarán
Tan só verán
Tan só sentirán as cicatrices
Dunha carne case morta

Doen as esceas de derrota
e rendición
Crava o vento con furia nos cristais…
Que quedan.
O derradeiro sinal de rebeldía e cor.

Fuxiron até as cascudas

xa só queda a dor. 


miércoles, 31 de julio de 2013

Illada



Conteiche canto custa respirar?
Ismael Ramos.


Unha illa.
Sons acompasados que retumban na pedra
Coma se non existise nada máis
Só o mar nun acantilado de escuma.
Só o son do mar inquebrantable
 é un son fondo
Un son de fondo.
De fondo de corais, de fondo de néboa e cegueira.
Unha illa.
Sons acompasados que retumban entre os intersticios dos meus pensamentos
De pedra vella, gastada, pulida, erosionada.

Unha praza
O verán contido nela, con valos de noite
e silencio.
O son monótono dunha fonte, inesgotábel
Auga que se desborda na súa sinxeleza
Auga que se desliza sobre a pedra.
O mutismo, o misticismo do chan mollado.
Coma se non houbese nada máis.




"Às vezes...
só precisas da imagem dessa árvore solitária na beira do mar. Uma árvore elegante na sua sobriedade, austera, simplesmente enraizada lá, na beira do mar, na terra rochosa e areosa"

                                                                                                                         Raquel Miragaia

Pregúntome que pensaría a noite
Cando teu viu nacer.
Se un calafrío recorreu as súas costas
De punta a punta.
Se te sentiu como unha extremidade máis
Tremendo núa na copa dunha árbore
Se te sentiu como eu te sinto
Neste verán finxido
Que quere ser outono por máis
Que é inverno.

Neste crepitar de madeira
Nas miñas ganas de bailarte baixo a choiva



"Para saber de amor,
para aprenderle,
 haber estado solo es necesario..."
Jaime Gil de Biedma



Que la vida iba en serio…
Que non só era un camiño de farolas
Acesas a medianoite en Venecia.
Era a choiva e o vento petando
nos cristais -e nós dentro, saboreando o inverno
 Tacto veludo, pana, lá, algodón… a túa pel.
Que quixen aniñarme en ti como un albatros
E observalos relámpagos, conversar con eles
Coa posterior calma enturbiada do ceo.
Co cheiro a beirarrúa húmida.
Ti lévasme o inverno directamente
á miña fiestra estival entre momentos
cun bico saboreo o outono o cambio de cor dos teus beizos verdeamarelolaranxavermellos quixérate percorrer en Inglaterra a medianoite
choverte, cantarte, bailarte, bicarte, quererte e odiarte


gústasme tanto cando te enfurruñas!






















Ay! Praga, Praga… Praga

donde el amor naufraga
en un acordeón.



Joaquín Sabina

martes, 5 de marzo de 2013

As árbores que nos mitifican



Élo  ouro que o sol deixa
No horizonte          trala morte

Unha Ilusión fonda        e quente

Son as ramificacións que brotan dos meus dedos
As que te senten
Tal e como és, sen interferencias
nunha gama cromática verde olivo

Nos momentos azuis de lucidez
Que te percibo
Non existe nada máis

Só ti
E as árbores que nos mitifican










Vertixe
Ao  baleiro tras de
Ti.

Ás augas sen salitre,
Ás témporas calmas das
mareas inofensivas.











Procurarte
Como se procura o infindo
Deitado no horizonte

As miñas ramas querendo tocalo ceo
Posuílo
E bebe-lo azul dos continentes
A auga nas vísceras da balea
Sentimentos fondos que engulir enteiros
Tan crus…  imposibles de  esgazar





(Pregúntome como será a dixestión
Dunha balea…
Con tantos sentimentos por dixerir)


Simbiose





Baixalo ate o chan
nu

Provocando a
simbiose entre dous
Bandos

Adoquíns húmidos que
respiran  a través
Do  corpo branco
                  (e trémolo)








A vida contaxiándose
A través do ventre

Nas ramificacións bébedas
De noite e choiva e

Néboa.


E todos eses brazos encerran
A desesperanza
O aprisionamento por baixo da
                                                         Consciencia:
      
        A pedra
        Onde quedou gravada
                                                                                Cada pegada
                                                                                Cada volta atrás
         Cada pensamento
         Tódalas caídas sobre a
        Pedra
       Infinda 
                      
                        E húmida.

                           










…SIMBIOSE…

Ao ralentí
Do motor interno
Das nosas terras






Tardío cae o sol
sobre a pel lisa e morna
das rochas que roldaron
mares
 e
 océanos
na procura dun lar
onde  lentamente

esmorecer


Un bico laranxa
Apertando a area
Do deserto
Ate engulila.



martes, 18 de diciembre de 2012

Violíns, Violas e Violoncellos


Violíns, Violas e         Violoncellos
                
Instantes previos da nosa obra teatral:

(Ou como fixemos
da nosa ópera prima,
                       Ficción )















Preludio e verborrea inicial:
Enrédame nas túas arterias
Como se enreda unha vide
Baixo o sol

(Lentamente
E con amor)

Acto primeiro: Violíns.

Teño
Unha orquestra filharmónica
Composta unicamente por violíns
Dando un concerto na antesala dun
Esternón vermello

E o chan cuberto de moqueta,
milleiros de arañas espectantes
penduran do teito
baixo o fresco de cor azul
que algún día será gris.







E entón rompen a soar
Os brazos níveos danzando
Simultáneos.

A delicadeza do pelo lacio
Caendo sobre os ombros nus
II Acto: Violas

As pupilas dilatadas dos asistentes
Piden máis a berros.
A emoción,  non é máis que unha vil ladroa
Roubando os iris de tódolos presentes
Para completar a colección

Filatelia do inimaxinable.


Nun segundo reproducíronse
As violas
E con elas un estoupido caótico
Fogos de artificio.

Catársis











Unha oitava máis e…
os violonccelos.

Como todo nesta vida:
Primeiro suave e doce
E cando xa cres que nada máis pode pasar
Cando xa te reconfortas na túa propia
Comodidade
Agroman os violonccelos
Graves, atronadores
                                        e sensuais).

















Entreactos:


Finximos sorrisos
Para espantar o medo  que  produce o silencio
Desgarrando as nosas gorxas oxidadas.

 miradas convalecentes
baixo párpados insondables,
azuis.

Cando o tempo torna infindo
Unha vez máis
Os segundos impactan con forza
No reverso das mans suadas.












Causa e consecuencia:

unha prima donna
Errada no derradeiro entreacto
xa non pode
Con todo o peso da actuación
Mazándolle nas costas.













(E a realidade de que todo isto
Non quixo ser máis
Que un poema sinfónico,
Ametrallándolle a conciencia)