domingo, 2 de febrero de 2014



Aterran
os contornos perfectamente delineados.
A escuridade,
os sons almofadados.

A soidade
da introspeción esteparia.
O bucolismo dunha pradaría baixo a lingua.
A transición do coñecido
ao insondábel.

O fondo oceánico e os seus segredos
Os esqueletos, as súas mortes.
A area, as cinzas
dun lume extinto.

Penetrar
Nun horizonte de lucecús,
Invisíbel.
Saborear a liña,
dixerila

coa retina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario