Élo ouro que o sol deixa
No horizonte trala morte
Unha Ilusión fonda e
quente
Son as ramificacións que
brotan dos meus dedos
As que te senten
Tal e como és, sen
interferencias
nunha gama cromática
verde olivo
Nos momentos azuis de
lucidez
Que te percibo
Non existe nada máis
Só ti
E as árbores que nos mitifican
Vertixe
Ao baleiro tras de
Ti.
Ás augas sen salitre,
Ás témporas calmas das
mareas inofensivas.
Procurarte
Como se procura o infindo
Deitado no horizonte
As miñas ramas querendo
tocalo ceo
Posuílo
E bebe-lo azul dos
continentes
A auga nas vísceras da
balea
Sentimentos fondos que engulir
enteiros
Tan crus… imposibles de esgazar
(Pregúntome como será a dixestión
Dunha balea…
Con tantos sentimentos por dixerir)