jueves, 28 de junio de 2012

Fíxose todo.




E finalmente
o silencio
Fíxose verbo.



Fíxose todo.










Queimei
Tódolos carteis
Que algún día viviron
Nas paredes do meu cuarto.

Pensando en ti.
Sen dicir palabra.






















Arrinquei tódalas
Palabras mortas
Arraigadas nas aurículas.



Deixáchesme
Con todo este frío
Nas mans.

E nin un só momento
                       (tépedo
De veracidade.














Xa non me deito
Cos beizos cor carmín
E o corazón  vivo.


Xa non me deito.

Porque queimei
Tódolos mobles.

(Quemeite a ti
Con eles)

Unha fría noite de setembro.
Na que atopei  nas laparadas
todo o calor que ti
nunca me soubeches dar.








Deitome espida,
No chan.




Durmida
Recito sempre
A mesma elexía

(Elexía polo suicidio premeditado
Do noso amor.






E teño sempre o mesmo soño
                            ( ou pesadelo.





Soño,
No que acudo
A poñer rosas
              (negras
Nunha lápida
De epitafio esquecido.




Aquí descansan os restos
Dun amor xamais consumado
Consumido nos silencios
Diarios.





Na túa gorxa o pracer
Incuba ovos e máis ovos
                                               -Estíbaliz Espinosa-


Nacín,
do ovo infecundo
de soidade  (adquirida).

Non sei cando.
Nin  sequera como.

Mais sei,
Que un día como outro calquera
Nalgún lugar escarvado
No globo terráqueo

Algo naceu da lisura branca e infinda
Do ovo aniñado en outono.

Que xa nada queda del
Daquilo que foi.





Vin a cáscara escachar
En minúsculos anacos
Anatómicos
Ante os meus ollos.

As miñas pálpebras
Virxes obserban atónitas



Tiven
Toda unha constelación
Aberta aos meus pés
Durante uns breves segundos

O fragmento preciso
Do mapa espacial
Despregado ante min


Amosándome a
Súa fisionomía.


Todo un universo paralelo
Aberto en canle

Agardando  por nós
(Na mesa da cociña).









Un eu que xace nu

Inconsciente.

Cun brazo e unha perna
No averno.

E o meu corpo dentro.

Así  Leonardo o
Desexou.

O home e a perfección.
A cadratura do círculo
Indomable.





http://www.youtube.com/watch?v=_524e8Gbb2M








Mentres




Todo un batallón de formigas
De ollos cegos
Veñen a cubrir o meu corpo
No verán

( Son o mel
Das abellas que
Non aprenderon a voar)

Síntoas  arrastrando
Os seus pequenos corpos
Sobre a miña branca pel.

E  eu
Tan só quero
 permanecer aquí
Deitada sobre o chan
(tépedo.

Tan só quero
Permanecer aquí.

Para
Ser

Mentres as nubes intanxibles
Me sobrevoen.

Mentres o ceo
Sexa azul.

Mentres todo isto
Teña algún sentido.

(para min)


Onde as baleas




Onde as baleas
Adquiran a posibilade de falar.

E o mar  non sexa unha barreira.


Alí irei ,
Cando todo
me
Abandone.



Onde as baleas
Falen comigo até
O atardecer.



Onde a humidade das bágoas
Sexa  ardua de dilucidar.

E os golpes secos e amarelentos
Non derrúan os meus ósos carcomidos
Polas ratas estivais.



(Ateigados de buracos,
Tal e como naceu o meu
Corazón).



Laranxa


                                                                                           
                                                                                Laranxa




(Todo é laranxa)
Como a ilusión á que me aferro
E me corroe a pel.

Descarrilaron tódolos engranaxes
Perfectamente axustados
E engraxados.

Todos eles.
Non quedou un.

A carraxe dorme no chan.

Mentres o ferro
E o osíxeno reaccionan
Xuntos nun.

E sinto que me vai estourar
O peito.

Exceso de velocidade.

A premonición tardía
Dun sinistro 


domingo, 17 de junio de 2012

Autopsia dun soño.


                       Autopsia dun soño.



Que non eramos nós.




















Que eramos dous corpos
Nus no epicentro
Deste gran seísmo .




I: Eu

 Ao comezo,
                    Era eu
quen te levaba a ti.
Sobrevoando  cumios
E falsos teitos
                   ( a dúas augas )
Para matalo inverno
Nada máis chegar.

Para esgazalo
 á metade.

E ficar a vivir no noiro noire.

Analizando as diversas
Capas de sedimentos
Que atravesan a estación
Artrítica, en diagonal.

Beber,
A materia gris da terra
Que escorrega polo cano
Do tellado polvorento.



As follas secas
Interrompendo o
Meu curso vital.










Trazando     bisectriz
                                        E
                                             zirtaideM
    niM            erboS











II: Ti.

Logo,
Fuches ti
Quen me levou a min.

Un pequeno pardal ferido
Nu de plumaxe,
Indefenso.

Agochado no
Tenro regazo do teu ser,
Deitado contra o teu peito.
Os teus infindos brazos
Abarcándome no
Seo da  túa seguridade.

E  non teño medo
A deixarme caer.

Non
Teño
Medo.


III: O noso amor .

Ti
e
Eu.

Nós.

O ceo na súa perfección
Azul e
 sibilante.

Un pardal ferido
Nos brazos
Dun ser inimaxinable

Tanto,
Que só eu o podo ver.

A ilusión óptica
dunha chama azul
Agromando entre  
dous corpos.



viernes, 15 de junio de 2012

Cando xa non queda nada.


Cando xa non queda nada.

a matería gris
 escorrega dos tellados
e arrinca de raíz tódolos indicios
que puido haber de felicidade.

Cando a cor laranxa, xa non significa nada.

Nin o azul do ceo
Nos lembre todo o osíxeno
Que cabe  nun pulmón aberto.

E as árbores non teñan cor
Nin esperanza algunha.

Cando chuvia, non sexa  sinónimo de trasparencia.

E teña que acarrear con toda esta
Materia escura que
me oprime nos cadrís.

Que fai, que o meu corazón
Desorbite (unha vez máis)



Cando ti sexas gris






















 Eu,
Xa non son
E xamais serei
nada.

sábado, 9 de junio de 2012

Todo é laranxa.


Ti…

És
Unha pinga de auga tépeda
Que me escorrega medorenta
entre as mans

A túa pel é tan fráxil…

semella ser de cristal.

E cando te toco
Sínto as ondas do mar
A golpearme sen cesar.

Sinto as miñas xemas
Repousar sobre un anaco terso
E suave, de veludo de cor laranxa.

Porque ti, meu amor
És laranxa.

És  un corpúsculo incandescente
Que me quece dende o centro
Do meu corpo ate
 o remate das arterias.

És laranxa, porque
Te deixas querer.

Porque queres.

Porque amas
Sen agardar a que te amen.
(Aínda sabendo que o farán)

Ti
 Só ti
Habitas no centro
Das miñas pupilas
Sen esquecer todo o demais.
Sen deixarte ir no inmenso da escuridade.

Sen facer de min un buraco negro
A consumirte.

Porque és o brazo verde
Cheo de vitalidade
Que me atravesa o peito
Coma quen atravesa un mosteiro
Deshabitado.

VI


               VI


Os peixes, conxelados
nun tanque de astigmatismo.
Cun ricto inmutable
de perverso sadismo.

Corpos flotando
nun mar intoxicado
polas excrecións
dunha vida demasiado dura.

Peixes loitando
por boquexar,
nun último intento
de sobrevivir.

Nun último intento 
de tragar merda.


Porque antes de morrer,
os seus corpos estaban
raídos polo cancro.

As escamas,
caían como plumas.
Nos ollos,
pústulas supurando.

As súas vidas.
O mero feito
de seguir existindo,
convértese día a día
nunha úlcera xigante
a piques de rebentar.
Coméndoos
de dentro a fóra.

Coma un verme noxento
nunha vermella mazá.




No corazón,
térmites.



As espiñas,
de xelatina.

V


           V

E entón as abellas
deixan de zumbar.
Precipítanse ao abismo
nun intento suicida.
E morro   eu.

Os meus dentes,
seguen incrustados
entre rochas e salitre.

E as quenllas acuden
a  lamberme.

E morro   eu.
Porque a aerodinámica
das abellas nunca
se fixo para voar.

Entre rochas e salitre,
os peixes antropófagos
devóranme os intestinos.

A lamberme nos aneis
dunha lombriz, acuden.
Cos ollos dunha violación.

IV


             IV

As raíces correndo
polo interior das miñas veas.
Á velocidade da luz infíltranse
e comeza a proliferación
(masiva).

Algunha vez sentiches
a penetración da auga
na túa pel?
Profundizando ata dentro
de     ti.

Auga fría pola mañá.
Clareándome
por   dentro.

Mollándome as raíces
arrigadas nas arterias.
Humedecendo a
xerminación.

Pequenos brazos tísicos
aferrándose á miña dor.

Adestrando un batallón
de xemas inexpertas
embebidas na
Pólvora.


E morrer,
na negrura dos nenúfares
cos ollos cegos dun
ollomol desfalcado.

Nun estoupido de xemas
embebidas.

Morrer.

Coa língua fóra.
E o corazón magro.

III


                     III

Soterrar os ollos baixo a terra
                    (negra e húmida).

Xogar a ser   Edipo.
cunha espiña cravada no costado.
Que agarda o momento exacto
para saltar e converterte no
teu propio antagonismo.

Soterrar os ollos
baixo a terra.

Cravar as unllas con violencia.
Cravar os dentes.
 Recuperalos.
Porque as concas prenden lume
na súa ausencia.
E o fume,
agocha os pensamentos.

Logo:
soterrarme eu.
Entregar o meu níveo corpo
ao veleno impregnado do sangue
quente de Eurídice.
Para ser unha sombra eterna. 


II


II

As bágoas,
corren nun suspiro
de cristal.

Semellando ser
o bafo derradeiro
dun ciclope
de iris negro.

Cun coitelo,
cortaba o vento.
E esculpía todos
e cada un dos
silencios.


Din da súa boca,
un cicel de aceiro.
Co que labra pedras
( e corpos )
para Hefesto.

Nos seus dentes ciclopeos
( e nauseabundos),
eu.
O meu cadáver de terracota.
inmortalizado nun
suspiro cavernario.


I



             I

Repousa  o moucho
na derradeira rama da árbore
consumida polo tempo.
Sen saber se algún día
o vento virá a mortificalo
ata que  rache a madeira,
e dea con ela no chan
preto da apodrecida raíz

Sangue quente arraigando
na humidade das rochas mortas.

A delicada plumaxe violada
por  unha espúrea  apócema
filla dos desexos máis indignos.
Concibida  tralo silencio das
 inquebrantables portas.

Morte.

Un berro animal
cortou o vento en vertical.

Xamais  voltará soar.

Óelo?


Algún día espertarás
(A medianoite)
E eu xa non estarei.

Evaporáronse as miñas
 Xemas xélidas
Recorrendo o teu
Peito ardendo.

( Na metade
      do
Traxecto)

As campás sobrevoarán
A cidade buscándome.

E aniñarán en ti,
No teu corazón de palla
Seca.

Porque o inverno é duro
E a maioría das aves migran.
Máis ti elixiches hibernar
Coma un oso do
Polo Medio.

Encerrándote nos recordos.
Sobre as sabas amarelentas.

E a variña de incenso,
Ardendo medorenta
Na mesa do salón.

Xunto ao meu derradeiro
Bico,
Que se esgota.

Óelo?
É o vento.
Óesme?
Son eu, quen
Leva dentro.


viernes, 8 de junio de 2012

Eu, cando ti...



As ondas, impactan
Sobre a córnea.

 E o meu iris líquido,
vibra  simultáneo  
á túa boca.

Por dentro,
Fúndese  o esqueleto.

Non é máis ca plastelina
Para moldear.

E sei, que ti
Tés un molde de cristal.
Coa miña anatomía.
Minuciosamente esculpida.


Cada lunar,
Cada val da miña pel
Sintetizan nel.



Pero tamén sei,
Que voltará suceder,
Cando te mire
unha vez máis.

Aracne





Ábrelo, ábrelo despacio.
Di.  ¿Qué ves? Dime ¿qué ves? ¿Si hay algo?;
Un manantial breve y fugaz entre las manos.      
                       
                     –Los días raros-  Vetusta Morla.

Disecar este corazón
Medio artificial
Que quere ser poema.

Que sosteño entre os dedos
Suavemente ata que
Se consume

E morre nos teus
beizos húmedos.

Murmurando o teu nome.
Silabeando inintelixiblemente
Algo que ninguén oiu.

Téceo agora, comigo.
Libera os teus dedos
No telar.
Déixaos voar.

Redactemos mil e unha
Fábulas, dignas de Esopo.

Rematemos este arácnido
No que me convirto.

Rematemos isto
(con un bico)

Rematemos.


Bolboretas no estío.

                                                                                                                       http://grooveshark.com/#!/search/song?q=Vetusta+Morla+Los+d%C3%ADas+raros&


Esquecerme das ratas
Que roían lenta e paulatinamente
Anacos minúsculos do meu
Corazón enfermo.

Cambialas polo mel
Tenro e doce que
Gardas  no derradeiro
Andel da despensa.

Esparexelo por todo
El.
Dende o ventrículo primeiro
Ata a derradeira aurícula.

E apagar tódalas luces.
Fundi-los plomos.

Á espera de sentir
O intre xusto no
Que os teus bicos
Esvaran ao contacto
Co mel candente.

E se funden nunha
Intensa explosión
Despedindo  adrenalina
Que  o alumea todo
Dende os teus vermellos
labios
Ata o último recanto
En penumbra.



E entón
Xa non serán ratas
As que acudan a roerme
O baleiro do meu corazón.
Aquel  negro espazo
aberto ao exterior.

Non.

Serán…
Serán bolboretas estivais
Lambéndome a dozura
Apegada ás paredes
Deste  órgano que palpita
Baixo as túas mans.