martes, 5 de marzo de 2013

As árbores que nos mitifican



Élo  ouro que o sol deixa
No horizonte          trala morte

Unha Ilusión fonda        e quente

Son as ramificacións que brotan dos meus dedos
As que te senten
Tal e como és, sen interferencias
nunha gama cromática verde olivo

Nos momentos azuis de lucidez
Que te percibo
Non existe nada máis

Só ti
E as árbores que nos mitifican










Vertixe
Ao  baleiro tras de
Ti.

Ás augas sen salitre,
Ás témporas calmas das
mareas inofensivas.











Procurarte
Como se procura o infindo
Deitado no horizonte

As miñas ramas querendo tocalo ceo
Posuílo
E bebe-lo azul dos continentes
A auga nas vísceras da balea
Sentimentos fondos que engulir enteiros
Tan crus…  imposibles de  esgazar





(Pregúntome como será a dixestión
Dunha balea…
Con tantos sentimentos por dixerir)


No hay comentarios:

Publicar un comentario