martes, 18 de diciembre de 2012

Clima


Clima:

















       verbo que respiro do teu corpo.










Deuses da auga abalanzándose sobre min
Morrer no intento de descubrirte

descubrirte así
Tal e como és

Atisbarte branca e pura
En perfecta consonancia
-a perfecta conso(n)ante-
Tralos verdes sépalos.

Auga que me renova
E esperta ondas máis alá
Do intanxible

Máis alá dos nosos ollos
En contacto.
Máis alá do ceo,
Dos nosos pés arraigados
No máis profundo das arterias.
Na terra






Porque tódalas noites
Bebo das túas vogais doces

E creo asfixiar coas
Consoantes sibilantes
Anodadas nunha gorxa -de marfil.


O corpo do alfabeto:

Digo alfa, e digo auga
O beta, pide  beberte a berros
Lembrar as diferentes gam(m)as, tons testuras
Das grafías eclosionando na lisura do padal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario