martes, 18 de diciembre de 2012

Un home...de xeo



Un home de xeo
Coas veas quentes

Derrámase sobre
A neve do xardín

Estaba escuro
E ninguén o viu.

Pasou.

Pola mañá
O contraste das cores
Delata a evidencia.

Esmorece co vento
diluíndose no xélido
da néboa de decembro

Pasou

Ninguén o viu
Mais, pasou.






(Mentres, ao outro lado do hemisferio…)




Un cangrexo ermitán
Loita por sobrevivir

Non ten cuncha,
Levoulla o vento

Emigrante
Que cada noite sae

Deambula polas praias
Sen rumbo
Esgótanselle as forzas
E xa non é consciente

Na area xace derrubado
E mentres dorme, soña
Que o peso oprimíndolle
as costas deixa de ser

Morre
Morre decembro


     _


Todo deixa de ser

Cando a auga
Non reflicte nos cristais

Cando a neve nos lembra
O que fixemos

Se cada paso
É unha letanía

E continuarte
Unha fantasía. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario