martes, 18 de diciembre de 2012

Violíns, Violas e Violoncellos


Violíns, Violas e         Violoncellos
                
Instantes previos da nosa obra teatral:

(Ou como fixemos
da nosa ópera prima,
                       Ficción )















Preludio e verborrea inicial:
Enrédame nas túas arterias
Como se enreda unha vide
Baixo o sol

(Lentamente
E con amor)

Acto primeiro: Violíns.

Teño
Unha orquestra filharmónica
Composta unicamente por violíns
Dando un concerto na antesala dun
Esternón vermello

E o chan cuberto de moqueta,
milleiros de arañas espectantes
penduran do teito
baixo o fresco de cor azul
que algún día será gris.







E entón rompen a soar
Os brazos níveos danzando
Simultáneos.

A delicadeza do pelo lacio
Caendo sobre os ombros nus
II Acto: Violas

As pupilas dilatadas dos asistentes
Piden máis a berros.
A emoción,  non é máis que unha vil ladroa
Roubando os iris de tódolos presentes
Para completar a colección

Filatelia do inimaxinable.


Nun segundo reproducíronse
As violas
E con elas un estoupido caótico
Fogos de artificio.

Catársis











Unha oitava máis e…
os violonccelos.

Como todo nesta vida:
Primeiro suave e doce
E cando xa cres que nada máis pode pasar
Cando xa te reconfortas na túa propia
Comodidade
Agroman os violonccelos
Graves, atronadores
                                        e sensuais).

















Entreactos:


Finximos sorrisos
Para espantar o medo  que  produce o silencio
Desgarrando as nosas gorxas oxidadas.

 miradas convalecentes
baixo párpados insondables,
azuis.

Cando o tempo torna infindo
Unha vez máis
Os segundos impactan con forza
No reverso das mans suadas.












Causa e consecuencia:

unha prima donna
Errada no derradeiro entreacto
xa non pode
Con todo o peso da actuación
Mazándolle nas costas.













(E a realidade de que todo isto
Non quixo ser máis
Que un poema sinfónico,
Ametrallándolle a conciencia)



No hay comentarios:

Publicar un comentario