miércoles, 25 de septiembre de 2013

Culto a unha divindade

Unha biblioteca en outono
Non é unha biblioteca.

O vento bate con furia nos cristais

É un refuxio.

O silencio acentúase coa chuvia perseguindo
O teito ate impactar no chan
É un silencio branco, de desgaste
no mármore policromado
E todo semella ter un aire entre
magnánime e sepulcral
e cae unha folla
outra
e outra
todas  vermellas no capitel

Voltas escoitar unha vez máis
A chuvia ao outro lado do van
E desta vez case podes observar
O degradado dos pilares

Porque unha biblioteca aquí e agora,
en outono, non ten porque selo
aquí

nin agora


No hay comentarios:

Publicar un comentario