sábado, 9 de junio de 2012

Todo é laranxa.


Ti…

És
Unha pinga de auga tépeda
Que me escorrega medorenta
entre as mans

A túa pel é tan fráxil…

semella ser de cristal.

E cando te toco
Sínto as ondas do mar
A golpearme sen cesar.

Sinto as miñas xemas
Repousar sobre un anaco terso
E suave, de veludo de cor laranxa.

Porque ti, meu amor
És laranxa.

És  un corpúsculo incandescente
Que me quece dende o centro
Do meu corpo ate
 o remate das arterias.

És laranxa, porque
Te deixas querer.

Porque queres.

Porque amas
Sen agardar a que te amen.
(Aínda sabendo que o farán)

Ti
 Só ti
Habitas no centro
Das miñas pupilas
Sen esquecer todo o demais.
Sen deixarte ir no inmenso da escuridade.

Sen facer de min un buraco negro
A consumirte.

Porque és o brazo verde
Cheo de vitalidade
Que me atravesa o peito
Coma quen atravesa un mosteiro
Deshabitado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario