Tócame.
Óelos?
Delicados fíos d´ ouro
Penduran do meu pulso .
Van
E veñen
Coma no tear destecido
Por unha Penélope taciturna
cada noite.
Un paso adiante
xira agora cara a esquerda.
Un
Dous
tres
Síntelos danzando dentro
de ti?
Do teu pulso?
Un
Deux
Trois
Con suaves movementos
Afrancesados
E un leve arrecendo a
Amorodo.
Eles danzan.
Danzan para ti.
Porque ti és quen
Os dirixe.
Coma se fose un
Espectáculo ambulante.
O show
das marionetas
Esganadas no silencio.
Tralo vermello telón
Atragoados.
Guindados polo chan,
Agardan os seus corpos
Inermes, a hora
Da
función
definitiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario