jueves, 28 de junio de 2012




Na túa gorxa o pracer
Incuba ovos e máis ovos
                                               -Estíbaliz Espinosa-


Nacín,
do ovo infecundo
de soidade  (adquirida).

Non sei cando.
Nin  sequera como.

Mais sei,
Que un día como outro calquera
Nalgún lugar escarvado
No globo terráqueo

Algo naceu da lisura branca e infinda
Do ovo aniñado en outono.

Que xa nada queda del
Daquilo que foi.





Vin a cáscara escachar
En minúsculos anacos
Anatómicos
Ante os meus ollos.

As miñas pálpebras
Virxes obserban atónitas



Tiven
Toda unha constelación
Aberta aos meus pés
Durante uns breves segundos

O fragmento preciso
Do mapa espacial
Despregado ante min


Amosándome a
Súa fisionomía.


Todo un universo paralelo
Aberto en canle

Agardando  por nós
(Na mesa da cociña).


No hay comentarios:

Publicar un comentario