sábado, 9 de junio de 2012

III


                     III

Soterrar os ollos baixo a terra
                    (negra e húmida).

Xogar a ser   Edipo.
cunha espiña cravada no costado.
Que agarda o momento exacto
para saltar e converterte no
teu propio antagonismo.

Soterrar os ollos
baixo a terra.

Cravar as unllas con violencia.
Cravar os dentes.
 Recuperalos.
Porque as concas prenden lume
na súa ausencia.
E o fume,
agocha os pensamentos.

Logo:
soterrarme eu.
Entregar o meu níveo corpo
ao veleno impregnado do sangue
quente de Eurídice.
Para ser unha sombra eterna. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario