viernes, 8 de junio de 2012

Bolboretas no estío.

                                                                                                                       http://grooveshark.com/#!/search/song?q=Vetusta+Morla+Los+d%C3%ADas+raros&


Esquecerme das ratas
Que roían lenta e paulatinamente
Anacos minúsculos do meu
Corazón enfermo.

Cambialas polo mel
Tenro e doce que
Gardas  no derradeiro
Andel da despensa.

Esparexelo por todo
El.
Dende o ventrículo primeiro
Ata a derradeira aurícula.

E apagar tódalas luces.
Fundi-los plomos.

Á espera de sentir
O intre xusto no
Que os teus bicos
Esvaran ao contacto
Co mel candente.

E se funden nunha
Intensa explosión
Despedindo  adrenalina
Que  o alumea todo
Dende os teus vermellos
labios
Ata o último recanto
En penumbra.



E entón
Xa non serán ratas
As que acudan a roerme
O baleiro do meu corazón.
Aquel  negro espazo
aberto ao exterior.

Non.

Serán…
Serán bolboretas estivais
Lambéndome a dozura
Apegada ás paredes
Deste  órgano que palpita
Baixo as túas mans.

No hay comentarios:

Publicar un comentario